-

MINIUS. O descenso do Miño
A peza musical nace como acompañamento á memoria do río e á que os cinco mozos que o descenderon en 1985 queren recuperar en imaxes daquela aventura e con novas aportacións para situar o Miño no centro de atención. A paisaxe sonora flúe coma o propio río, a calma da auga, a intensidade da aventura…
-

Discorrer. 2 ciclos sobre un papel
Esta obra musical foi concibida para acompañar unha exposición fotográfica e documental que relata a viaxe dun grupo de mozos que percorreron o río Miño en canoa, dende a nacenza á desembocadura. A composición estrutúrase en cinco movementos que dialogan co territorio, a memoria e o propio ciclo da auga.
-

O río que nos move, en 24 Horas
A aventura do descenso e a exposición chegan ao 24 Horas, de RTVE, en difusión nacional e internacional.
-

Unha exposición lembra a aventura de cinco mozos que hai máis de 40 anos descenderon os 317 Km do río Miño
-

Documental TVE sobre o Miño
Documental de TVE sobre o Miño, publicado o 05/04/2026, 58 minutos, con para parada en varios puntos escoitando testemuños de persoas ligadas ao río, de Rábade á Guarda.
-

Primeiras augas do Miño
Preto de onde nace o río, no Pedregal de Irimia, abriuse o ciclo expositivo. Desa xornada inaugural, Miguel Feral elaborou un vídeo, por mandato do CDR3 Montes e Vales Orientais, con intervencións dos “cinco” do descenso.
-

Clase maxistral sobre o nacemento do Miño
O catedrático emérito da USC Francisco Rodríguez Lestegás detalla os pormenores da controversia sobre a nacenza do gran río de Galicia. Dende 1550, cando se comezou a sinalar á lagoa de Fonmiñá, ata os anos oitenta do século XX, cando o ilustre xeógrafo Francisco Javier Río Barja situou o km 0 no Pedregal de Irimia, conclusión…


