A peza musical nace como acompañamento á memoria do río e á que os cinco mozos que o descenderon en 1985 queren recuperar en imaxes daquela aventura e con novas aportacións para situar o Miño no centro de atención. A paisaxe sonora flúe coma o propio río, a calma da auga, a intensidade da aventura e a nostalxia dunha época que aínda resoa en cada corrente. Pecha os ollos e déixate levar polo río que nos move.
