Clase maxistral sobre o nacemento do Miño

O catedrático emérito da USC Francisco Rodríguez Lestegás detalla os pormenores da controversia sobre a nacenza do gran río de Galicia. Dende 1550, cando se comezou a sinalar á lagoa de Fonmiñá, ata os anos oitenta do século XX, cando o ilustre xeógrafo Francisco Javier Río Barja situou o km 0 no Pedregal de Irimia, conclusión avalada polas sociedades científicas e departamentos gubernamentais. A montaxe é un resumo da súa esclarecedora intervención.